martes, 28 de abril de 2020

XOGOS EDUCATIVOS ONLINE E PROXECTO EDUCATIVO "E POR QUÉ?"


       Ola familias!!!!:

       Déixovos unha serie de enlaces a xogos educativos online para que vos divirtades xogando co ordenador. Espero que o pasedes xenial!!!! Un bico e unha aperta moi grande!!!!

      - "El  Mundo  de  Fantasmín": É un mundo fantástico onde a aprendizaxe é xogo. Fantasmín vive nun castelo encantado ao que se pode entrar pola porta ou por calquera das súas 10 ventás. En cada unha das estancias hai unha serie de actividades con distintos niveis de dificultade como o recoñecemento de letras, números, formas, cores, espazos, ubicacións de contornos cotiás, transcurso do tempo, música, introdución ao mundo da pintura e aos conceptos de suma e resta.

      http://recursostic.educacion.es/infantil/fantasmin/web/

   
       - Pipo Club - O xogo das arañas: Este xogo pretende desenvolver a comprensión lectora e auditiva, así como practicar a lectura e interiorizar a grafía de cada palabra.

      http://www.pipoclub.com/juegos-para-ninos-gratis/juego-aranas.html



       -  A ruleta das emocións: É un xogo que serve aos nenos e ás nenas para recoñecer as emocións e influír na organización da conduta.

       http://www.czpsicologos.es/evenbettergames/games/ruleta/juego.html


      - A cova dos sons: é un divertido xogo para diferenzar entre sons agudos e graves:



      - O xogo da reciclaxe: é un xogo para aprender a reciclar, onde hai que colocar cada obxecto que se presenta no seu contedor correspondente.
          Hai 5 contedores:

            1. Orgánico e mixto.
            2. Vidro.
            3. Plástico, latas e bricks.
            4. Papel e cartón.
            5. Punto Limpo.

       https://www.abc.es/natural-juegos/juego-reciclaje.asp



    Ademáis, déixovos un enlace a un Proxecto Educativo da Xunta de Galicia chamado "E por qué?", que é unha serie onde se trata unha educación para a saúde infantil presentando os perigos da vida doméstica a través dun gato chamado "Tolo", e dun neno e unha nena.
   
https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1303196843/contido/e_por_que/eporque2.html


Ningún comentario:

Publicar un comentario