Ola familias!!!:
Hoxe é venres e o corpo pide marcha!!! Por iso, propóñovos que aprendades o baile da canción "Osito gominola", canción que vimos na clase e que sei que vos encanta. Podedes mandarme vídeos d@s nen@s bailando un trozo de canción ou a canción enteira. Seguro que o pasades xenial!!!! Animádevos toda a familia a mover o corpo con este osiño tan divertido.
Picade no seguinte enlace para acceder ao baile:
E, despois de mover o corpo, sempre está ben relaxarse. Polo que propoño que fagades unha sesión de ioga premendo no enlace que publicou a profe María na súa entrada de Psicomotricidade. Nese vídeo podedes repasar as posturas dos animais vistas na clase durante o ano, a do gato, a do can e a da serpe, e aprender unha nova postura, a da abella. Disfrutade do ioga!!!!! Unha aperta moi grande a tod@s.
Ningún comentario:
Publicar un comentario