
Para saber como investiga Sherlock Holmes, podedes ver un capítulo da súa serie:
https://www.youtube.com/watch?v=pzOkFtA_UX0
Todo detective que se precie necesita unha lupa. Polo que, se queredes, podedes construír a vosa propia lupa para que vos axude na vosa investigación. Para poder facelo, consultade o seguinte enlace:
https://www.youtube.com/watch?v=B_-DBuhRy_s
Ben, xa estamos listos/as para investigar a fondo!!!! Alá vamos!!!
Por último, vouvos propoñer que fagades un experimento cun limón para que escribades mensaxes ocultas. IMPORTANTE!!!! Que os nenos e as nenas fagan sempre este experimento acompañado/a dun adulto. Que o adulto corte o limón e encenda a veliña, ademais de axudar ao/á neno/a a ver a mensaxe poñendo o folio enriba da vela. Lembrade!!! Moito coidado ao facelo.
Déixovos o enlace para ver o experimento:
https://www.youtube.com/watch?v=vv8qtr4esoA&app=desktop
Espero que o pasedes moi ben convertíndovos nuns/nunhas detectives por un día. Podedes mandarme as mensaxes secretas escritas nun folio por calquera das vías que temos de comunicación. Unha aperta moi grande a tod@s!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario