venres, 24 de abril de 2020

UNHAS FOLLAS CON MOITA ARTE


    Ola familias!!!!:

    Nesta entrada imos repasar aos tres pintores que estivemos traballando na clase ao longo do ano: Vincent Van Gogh, Paul Klee e Claude Monet.  Vouvo deixar os seguintes enlaces onde se fala de cada un destes pintores, e que xa vimos na aula, para recordalos:

      -  Vincent Van Gogh:   https://www.youtube.com/watch?v=N7DHaAqfKwE

      -  Paul  Klee: https://www.youtube.com/watch?v=WjVJwkI1RGg

      -  Claude Monet: https://www.youtube.com/watch?v=crQ0dTTrvdo

 
     A continuación, déixovos un documento resumo dos tres pintores:

     


     Ademáis, déixovos outro documento con algunhas actividades para facer:


 
    Podédesme mandar os títulos novos que inventástedes e os debuxos dos cadros froito da vosa imaxinación e interpretación. Moitísimos bicos e apertas!!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario