Bos días de novo nenos e nenas. Esta vez propóñovos un pequeno reto: fabricar a nosa propia plastilina. Para facelo empregaremos unha fórmula segreda. Lembrade que a plastilina é un moi bo recurso para que movamos moito os nosos dedos e se poñan moi fortes.
Os ingredientes que precisaremos serán:
- Fariña (de trigo ou millo)
- Sal
- Aceite
- Auga
- Rotuladores vellos
No vídeo que vos deixo a continuación explícovos como fabricar esta pasta incrible!😱😱
Anímovos a que a fagades de diferentes cores. Se seguides os pasos que vos propoño veredes como se parece moito á plastilina que empregamos na clase.
Cando teñades a vosa masa feita subide ó noso drive as fotos das cousas que fagades con ela.
Un bico xigante!
Ningún comentario:
Publicar un comentario