martes, 14 de abril de 2020

RETO DOS ANIMAIS 5 anos B

   Bos días familias!!!:

   Esta actividade titulada "Encontra aos animais", consiste en que encontredes e diferenciedes todos os animais que hai na imaxe. Unha vez que pensedes que os atopástedes todos, propoño que nun folio os enumeredes e escribades o nome de cada animal, ademais de facer o debuxo de cada un deles. Podedes escribir os nomes en galego ou en castelán, en maiúscula ou intentalo en minúscula, como queira cada neno e nena.

   O venres publicarei a solución e comprobaredes se atopástedes ou non a todos os animais. A ver quén os encontra todos!!!!  Moita sorte!!!!








       Xa chegou o venres!!!  E, como o prometido é débeda, déixovos as solucións a este reto. Aquí están os animais que aparecen na imaxe:

       1. Elefante.
       2. Tartaruga.
       3. Peixe.
       4. Golfiño, pero tamén daría por válido o tiburón.
       5. Crocodilo.
       6. Burro.
       7. Mosquito, pero tamén daría por válida a araña e a libélula.
       8. Can.
       9. Gato.
      10. Ratón.
      11. Serpe.

    E aquí van os animais que eran difíciles de ver, seguro que estades desexando saber cáles son...

      12. Coello (No medio das dúas patas do lado esquerdo do elefante).
      13. Colibrí (No medio das dúas patas do lado dereito do elefante).

    Fixestes un moi bo traballo tod@s!!!! Encantáronme os vosos traballiños. Noraboa a tod@s!!!!! Unha aperta e un bico moi grande.

Ningún comentario:

Publicar un comentario