Hola rapaces!!
Que mellor forma de comezar o día cunha rutina de exercicio!!!
Na anterior sesión practicamos o equilibrio cun circo improvisado nas vosas casas.
Esta semana propoño un novo reto para mover o esqueleto e practicar exercicio físico, que coma xa sabedes todos e todas é importantísimo para seguir saudables e fortes.
A continuación mándovos unha serie de exercicios de cardio, que son moi divertidos para practicar na casa coas nosas familias. Algunhas de estas prácticas deportivas contan con tutoriales e videos de YouTube para facer o proceso máis entretido.
- Voleibol con globos (tentando que non se caia o chan)
- Chocar as cinco (chocar as máns de forma alterna varias repeticións)
- Zumba (bailade con música que enganche os vosos fillos)
Finalizamos cunha sesión de ioga para relaxar músculos. Nesta ocasión axudaremos a unha formiguiña a cumprir o seu sono de ser astronauta.
As sesións de ioga que vos propoño son moi beneficiosas despois da actividade e antes de durmir.
¡Ánimo con esta sesión deportiva que vos axudara a despexar a mente!!
Unha aperta moi grande da vosa profe María.
Ningún comentario:
Publicar un comentario