Bos días familias,
Que tal estades?
Xa sabemos que moitos dos pequenos e pequenas aproveitaron o domingo para dar convosco os seus primeiros paseos pola rúa.
Por este motivo, ás mestras de infantil gustaríanos saber como foi para o noso alumnado este primeiro paso de volta á normalidade. Como aínda non nos podemos ver pensamos que estaría ben que nos mandásedes debuxos dos pequenos e pequenas, fotografías ou vídeos onde expresasen como foi o paseo, a que xogaron ou que fixeron, e mesmo como se sentiron. Cada un que elixa a forma de expresarse na que máis cómodo/a se sinta. Para os máis pequenos e pequenas pode resultar máis doado expresalo a través dalgún debuxiño, mentres que os maiores quizás prefiran contalo coas suas propias palabras.
Estes RELATOS axudaránnos a saber como van avanzando esas emocións, e tamén a eles/as a expresalas sabendo que son moitos e moitas os que están a vivir o mesmo durante estes días. Os relatos que nos enviedes serán compartidos nunha entrada conxunta deste blog, tecendo así una historia única que nos lembrará que sempre estivemos acompañados/as.
As fotos e os vídeos que fagades debédelos enviar a través das vías de comunicación que as titoras estableceron con cada grupo durante este tempo.
Queremos saber de vós
Unha aperta moi forte
As mestras de Infantil
Ningún comentario:
Publicar un comentario