Bos días nenos, nenas e familias. O vindeiro sábado 2 de maio celébrase o día internacional contra o acoso escolar. No Chouzo temos moita sorte porque todos os nenos e nenas de infantil sodes uns fantásticos compañeiros, pero aínda así nunca está de máis lembrar a importancia de respetar ós demáis. É algo moi importante que temos que traballar dende ben pequenas e pequenos.
Déixovos un conto que algúns de vós xa coñecedes. É un conto moi bonito que fainos lembrar a necesidade de coidar as nosas palabras de cara ós demáis, así como a importancia respectar as diferenzas.
Invítovos a que fagades os vosos propios debuxos, sendo libres de empregar as cores que consideredes. Podedes probar a mesturar algúns deles e ver que cores resultan. Que vos parece se facedes un debuxo de aquilo que máis vos guste do cole? Podedes engadirlle aquelas palabras que máis vos gusta escoitar da boca dos vosos compañeiros ou mesmo das profes, aquelas que mellor vos fan sentir.
Déixovos algúns cortos moi chulos que traballan esta mesma temática.
Unha aperta enorme para todos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario