Ola piratiñas! Cómo ides pasando os días? Eu estou moi moi moi contenta porque xa sei que estades a ser moi bos na casa e tamén que traballades abondo. Foi tan bonito ver as vosas cariñas nos vídeos dicindo as adiviñas e parece que eran doadas porque adiviñastes todos!
Aquí tedes as fotos e os videos dos vosos traballiños, quedaron ben chulos!
Para a fin de semana imos cantar, bailar e mover o esqueleto. Déixovos o enlace á canción que aínda non aprenderamos porque era un pouco rápida e difícil, para escoitala na casa para aprendela e bailala en familia.
E como non todo van ser piratas, ahí vai tamén este xogo musical moi faciliño de preparar pero non tan fácil de facer. Moito ollo! Temos que estar moi atentos e concentrarnos, de acordo?
Para preparalo só precisades catro papeis de cores ou teas (se non tedes tamén se poden pintar primeiro uns anacos de papeis brancos) e moitas ganas de pasalo ben. Sorte e boa fin de semana!
Ningún comentario:
Publicar un comentario