Estimadas familias:
As mestras de Infantil queremos darvos a benvida ó noso novo blog, que creamos coa idea de comunicarnos con vós, publicando diferentes propostas de actividades para non perder o contacto e seguir un pouco coa dinámica de clase, aínda que sabemos que estar no cole non é o mesmo que o que poidamos aportar dende aquí. Estas propostas son completamente voluntarias, non é unha obrigración, xa que entendemos que cada familia ten unhas circunstancias propias e non todas dispoñedes de moito tempo para adicarvos a facelas.
Cada semana, as titoras, se o cren conveniente, publicarán diferentes entradas onde deixarán algunhas propostas de actividades para a súa clase. Ao marxe da dereita están as pestanas de todas as clases para que poidades picar na vosa e consultar as actividades que propón a vosa titora. Tamén haberá unha pestana para Psicomotricidade e para Inglés.
Ademáis podedes consultar o banco de recursos e acceder á páxina web do centro para consultar todas as novedades que se colguen nela.
As mestras de Infantil desexamos que esteades todos e todas ben, e mandámosvos moito ánimo e forza para levar esta situación de confinamento o mellor posible. Unha aperta moi grande.
As mestras do ciclo de Infantil.
Ningún comentario:
Publicar un comentario