Benvidos e benvidas,
Esta primeira entrada adicarémola á continuación do traballo de autonomía dos
pequenos e pequenas de 3 anos. Como xa sabedes, un dos obxectivos prioritarios
da etapa de Infantil nesta idade é que os nenos e nenas acaden pequenos logros
diarios coma: poder quitar e poñer a súa roupa, abrir e pechar a mochila, colgar na
percha, e tamén abrochar e desabrochar o mandilón.
Para realizar esta última tarefa os nenos e nenas realizan un traballo de precisión,
onde afondan na súa motricidade fina. Durante estes días podedes realizar con
eles pequenas propostas de abrochar e desabrochar, coma por exemplo esta
actividade que realizábamos nas aulas:
Podedes aproveitar algunha chaqueta que teñeades pola casa, ou mesmo
aproveitar os momentos de realizar algunha manualidade para que poñan o
mandilón e practiquen.
Precisamente para seguir a traballar a motricidade fina vos deixamos por aquí un
conto de Tamara Chubarovsky “Pic y Puc”, onde os nenos e nenas traballarán coas
súas mans, exercitando os dediños:
Ademáis, algunhas propostas manuais que podedes realizar con eles durante
estes días, aproveitando algunha cousiña que teñades pola casa, son as
seguintes:
- Realización de trazos en papel e repaso dos mesmos con : pegatinas, boliñas
de papel ou plastelina (esto axudará tamén a traballar a prensión dos dedos), xoguetes
pequenos, botones, etc.
- Ensartar palliñas a través de tubos de papel hixiénico, previamente poden
decoralo
- Outra actividade importante para traballar a motricidade fina e a prensión das
mans é o traballo con pinzas de tender a roupa. Poden realizar por exemplo un
debuxo da súa cabeza, ollos, nariz, boca, etc e posteriormente poñerlle pelo
utilizando pinzas da roupa. Quedaría algo así:
Vos deixamos por aquí a imaxen do boneco por si preferides descargala e
imprimila para que o decoren como eles queiran:
- Con pinzas depilatorias podénse realizar tamén xogos de clasificación onde estaremos traballando a prensión, a forza dos dedos e das mans. Podedes facer clasificacións por cores utilizando: moldes para xeo, ou recipientes para os ovos, botóns, boliñas de plasti de cores, etc.
A maiores e para seguir traballando a autonomía aproveitade esta situación para
que vos axuden na casa a realizar tarefas cotiás: cociñar,
facer as camas, vestirse, axudarse na hora do baño, etc.
Se vos animades a realizar algunha destas propostas ou outras podedes compartilas con nos mandando imaxes, vídeos, etc, a este correo electrónico: 3anoschouzo@gmail.com
Nada máis polo momento, esperamos que todos e todas estedes o mellor posible,
moito ánimo e unha aperta moi forte!
Rosa e Leti
Ningún comentario:
Publicar un comentario