luns, 20 de abril de 2020

RETO: OS REIS E RAÍÑAS DA COMEDIA. 4 ANOS A

Bos días nenos e nenas, espero que pasárades unha boísima fin de semana. Como puiden ver a plastilina foi todo un éxito 😄😄😄

Esta semana tráiovos un reto moi divertido. Propóñovos facer un programa de chistes. Cada un de vós terá que pensar no chiste máis gracioso que coñeza e gravalo nun pequeno vídeo. Lembrade que estamos nun programa, polo que estaría ben que tamén pensarades no escenario e mesmo na propia caracterización (disfraces, maquillaxe, roupa vistosa...) para que o resultado sexa o máis variado posible. Parécevos unha boa idea? 



Esperamos todos os vosos chistes a través do drive. Seguro que se vos ocorren cousas súper divertidas. Con todos eles montaremos o noso propio Clube da comedia 😆


A maiores, para que poidamos traballar un pouquiño estes días e que non todo sexan chistes, propóñovos algunhas pequenas tarefas.

Con folios de cores ou folios brancos pintados por nós mesmos trazaremos diferentes formas xeométricas. Poderemos empregar tamén cartóns estampados de caixas de cereais, galletas...  Para facer as formas poderemos valernos de diferentes obxetos que teñamos pola casa, tal e como se amosa na seguinte fotografía.













Empregando estas figuras poderemos crear os nosos propios robots, estaría ben que lle puxeramos nome a cada un e que despois de compoñelos analizásemos cantas figuras de cada tipo precisamos.
Déixovos aquí unha idea, aínda que se vos apetece podedes compoñer outras cousas que vos apeteza.























Por outro lado, propóñovos un pequeno xogo. Como xa me contaron as vosas familias, estados feitos uns expertos nos xogos de mesa. Empregando o dominó propoño a seguinte actividade, para iniciarnos na suma de cantidades. En caso de que non teñades este xogo na casa, podedes debuxar vós mesmos diferentes combinacións de fichas. Lembrade o proceso que explicamos de traballo coa recta para relacionar a cantidade e a súa grafía.




A continuación propóñovos facer un pequeno experimento chamado "Flores máxicas". Para facelo precisaremos:

  • Recipiente con auga
  • Papel
  • Tesoiras
  • Lápis de cores
O primeiro que teremos que facer será debuxar unha flor, unha margarida con varios pétalos. Similar ás que vos mostro a continuación. 

Cando teñamos a nosa flor pecharemos os seus pétalos sobre si mesma. Posteriormente meteremos as flores no recipiente con auga e veremos coma os pétalos vanse pouco a pouco abrindo. Podemos pedirlles ós nenos que varíen as formas dos pétalos para ver se a forma na que se abre a flor é a mesma. No centro da flor podemos xogar con eles a escribir palabras que relacionemos coa primavera.
É interesante que antes de realizar este proceso, xoguemos cos nenos a elaborar pequenas hipóteses sobre o que eles cren que pasará ao introducir as diferentes flores na auga.





Por último, déixovos un pequeno xogo para que fagades en familia, con pequenas preguntas sobre algunhas cousas que traballamos no cole, así como unha canción sobre piratas que eles xa coñecen e lles gusta moito. Espero que os desfrutedes.






CONCURSO EN FAMILIA


Podedes subir todas as fotos que queirades facendo estas ou outras propostas ó noso drive. Unha aperta enorme!

Sara


Ningún comentario:

Publicar un comentario