xoves, 23 de abril de 2020

FELIZ DÍA DO LIBRO! 4 ANOS A

Bos días nenas, nenos e familias. Tal e como sabedes o 23 de abril é o día do libro, e xa que hoxe non podemos pasar este día no cole, déixovos un pequeno conto para celebralo. Titúlase "Las jirafas no pueden bailar", é un conto moi especial e espero que vos guste moito. 



Despois de ver o vídeo podedes probar a bailar os diferentes tipos de bailes que na historia se contan, seredes capaces?

Ademais, propóñovos unha pequena actividade máis relacionada con este día. Con axuda da vosa familia poderedes construir un marcapáxinas para regalar a quen vós queirades. Podédeslle poñer cara de xirafa.



Por último, lembrarvos que esta noite antes de durmir leades en familia o voso conto favorito. O resto de nenos e nenas e profes estaremos encantados de escoitalos ó volver á clase.


Unha aperta enorme 😍😍😍

Sara

Ningún comentario:

Publicar un comentario