Boas superfamilias!!
Unha vez máis propóñovos actividades para que pasedes ratos divertidos en familia, aínda que seguro xa o facedes.
Esta semana seremos equilibristas de circo, unha tarefa para practicar o equilibrio estático e dinámico, a concentración e a atención. Pegaremos camiños de cores polo corredor, polo salón, pola cociña, ou polas estancias da casa que dexesedes . Os nenos/as deberán facer diferentes equilibrios por riba do circuito que lle tracemos. ¡Non vos preocupedes se non tedes cintas adhesivas de cores! Os cativos poden recortar e colorear tiras de folio e pegalas no chan.
Para facer o percorrido poñerémoslle a seguinte música para motivar máis os rapaces: https://youtu.be/c-RVZdp1L5g
Para que os máis atrevidos practiquen tamén o equilibrio estático, nalgún momento pararémoslle a música facendo equilibrio cunha soa perna ¡coidado non te caias!
PARA RELAXARSE... sesión de ioga
Un saúdo moi especial,
MARÍA
Ningún comentario:
Publicar un comentario