Hoxe propóñovos que vos convirtades nuns/nunhas pequenos/as detectives descifrando unhas mensaxes secretas con códigos onde a cada letra do alfabeto lle corresponde un debuxo. Para iso, ímonos poñer na pel do detective Sherlock Holmes.
Para saber como investiga Sherlock Holmes, podedes ver un capítulo da súa serie:
https://www.youtube.com/watch?v=pzOkFtA_UX0
Todo detective que se precie necesita unha lupa. Polo que, se queredes, podedes construír a vosa propia lupa para que vos axude na vosa investigación. Para poder facelo, consultade o seguinte enlace:
https://www.youtube.com/watch?v=B_-DBuhRy_s
Ben, xa estamos listos/as para investigar a fondo!!!! Alá vamos!!!
Por último, vouvos propoñer que fagades un experimento cun limón para que escribades mensaxes ocultas. IMPORTANTE!!!! Que os nenos e as nenas fagan sempre este experimento acompañado/a dun adulto. Que o adulto corte o limón e encenda a veliña, ademais de axudar ao/á neno/a a ver a mensaxe poñendo o folio enriba da vela. Lembrade!!! Moito coidado ao facelo.
Déixovos o enlace para ver o experimento:
https://www.youtube.com/watch?v=vv8qtr4esoA&app=desktop
Espero que o pasedes moi ben convertíndovos nuns/nunhas detectives por un día. Podedes mandarme as mensaxes secretas escritas nun folio por calquera das vías que temos de comunicación. Unha aperta moi grande a tod@s!!!!