Bos días familias,
Que tal a fin de semana? Esperamos que tivésedes tempo de descansar e gozar estes días.
Hoxe a proposta que vos deixamos por aquí é un xogo que adoitamos usar nas nosas aulas, o Tangram. Algunha das dinámicas que facemos na clase con este xogo é a experimentación libre cas figuras xeométricas, onde os nenos e nenas, por grupos ou de forma individual van facendo figuras libres, algo que fomenta a súa imaxinación. Ao mesmo tempo, imos con eles e elas recordando o nome destas figuras, o que lles axuda a identificalas pouco a pouco.
Ademáis da creación libre, co Tangram podemos crear figuras xa determinadas, deixámosvos a continuación un Tangram que podedes descargar e imprimir:
No caso de que non teñamos impresora na casa, podemos tentar facer un Tangram completamente caseiro, pensamos que seguindo os pasos deste vídeo pode resultar bastante sinxelo:
Unha vez que xa teñamos o noso Tangram podemos comezar cos nenos e nenas a tentar facer algunhas figuras máis elaboradas, por aquí tedes algunha para facer con eles e elas, pinchando no nome do debuxo podedes descargalas:
Se tentades facer algún xogo co Tangram cos peques mandádenos fotos ou vídeos ao correo electrónico: 3anoschouzo@gmail.com. Moitas grazas polas cousas que xa temos recibido.
Aproveitamos para lembrarvos que o DÍA 17 DE MAIO conmemórase o Día das Letras Galegas, que este ano vai dedicado á memoria do escritor Ricardo Carvalho Calero. No blogue de Dinamización da Lingua Galega, que podedes consultar na seguinte ligazón: https://dinamizachouzo.blogspot.com/ , atoparedes recursos para traballar ese día cos nenos e nenas.
Unha aperta moi forte
Rosa e Leti
Ningún comentario:
Publicar un comentario