luns, 25 de maio de 2020

CON BIGOTES. PSICOMOTRICIDADE


ESTADES PREPARADOS??

Agora que xa podedes quedar cuns pouqiños amigos, podédesvos divertir moito con este xogo. Para xogar só fai falla un pouco de fío ou lá.

REGRAS DO XOGO

1. Os xogadores colocaranse en círculo, mirando cara fóra. Un dos participantes  fará de director do xogo e situarase no centro do círculo 

2. Cada xogador porase un trozo de fío  entre o nariz e o labio superior, a modo de bigote. De tal xeito:



3. Cando o director de unha palmada, os xogadores xirarán cara o interior do círculo 

4. Quedarán  eliminados  os xogadores  ós que se lles caia o bigote cando se movan, rían ou falen

5. O director continuará dando palmadas e indicará distintos  movementos, como xirar a dereita, levantar os brazos..., ata que quede un so xogador . Este será  o ganador do xogo.


Disfrutade moito pero recordade sempre todas a precaucións e a distancia de seguridade.

Bikiños da mestra María 

Ningún comentario:

Publicar un comentario