luns, 11 de maio de 2020

RETO PIRATA FINAL. 4 ANOS A

Queridos nenos e nenas, dende que comezamos a traballar sobre os piratas desexabades que chegara o momento da procura do tesouro. É unha mágoa que non o poidamos facer todos xuntos no cole, pero propóñovos que a fagamos cada un de nós na nosa casa. Seguro que toda a familia está encantada de participar e o pasaremos xenial.

O primeiro que faremos para meternos na pel dun verdadeiro pirata será lembrar algunhas das cancións que traballamos.


Estades preparados? Só tendes que pedirlle ás vosas familias que abran o correo electrónico e todo estará listo!
Espero que o pasedes xenial! Un bico moi forte piratas! ARRRR




Ningún comentario:

Publicar un comentario