venres, 8 de maio de 2020

OS VOSOS TESOUROS


Ola piratas! Como foi a semana? Segundo as fotos e vídeos que me chegaron traballastes moito investigando sobre mapas e tesouros e pasástelo pipa buscándoos. Queredes velo?

Aquí déixovos unhas fotos (o máis bonito delas son os vosos sorrisos).



E agora os vídeos, que sei que vos gustan moito.

Para atopar o tesouro Iago púxose as súas mellores galas de pirata e contou coa axuda do seu irmán Marcos.




Lucía sentiuse unha pirata de verdade buscando o tesouro e quedou moi contenta co que atopou.



Polo que se ve a Noa tamén encantoulle, Marcos non cabe en sí de gozo e Hugo tamén atopou o seu tesouro!



Sara tomoullo moi en serio e descifrou ela soíña todas as pistas.  



Aquí un vídeo de Carmen na procura do tesouro.Para atopalo contou coa axuda da súa irmá Sofía.



Olivia gozouno moitísimo porque ademais era o seu aniversario. Xa ten 5 anos!



E acabouse o traballo desta semana.Encantoume ver como vos divertistes facendo este xogo! 


Boa fin de semana piratiñas!













Ningún comentario:

Publicar un comentario