luns, 25 de maio de 2020

A PRIMAVERA CON MACHADO. 3 ANOS

Bos días a todos e todas,

Que tal estades? Esperamos que sigades ben, gozando desta fermosa época do ano, na medida do posible. 

A PRIMAVERA chegou, e estes días estivemos a lembrar unha pequena poesía de Antonio Machado que lle adica a esta estación, di así:


La Primavera ha venido, nadie sabe cómo ha sido...

Se ha despertado la rana y el almendro ha florecido.

En el campo se escucha ya, el "cri", "cri" del grillo.

La Primavera ha venido, nadie sabe cómo ha sido...

                                            Antonio Machado


Estes días a profe Leti aproveitou para memorizar a poesía e recitala, aquí tedes o seu vídeo:




RETO: Agora animamos aos peques a tentar recitar, coa vosa axuda, a poesía de Machado. Mandádenos un pequeno vídeo tentándoo. Encantaríanos poder escoitalos/as! 

Esta poesía tamén está musicalizada, a través da súa escoita seguramente lles resulte máis doado memorizala.



A maiores deixámosvos por aquí as seguintes actividades para que intenten realizar na casa. 





Algo de lóxica-matemática, podedes imprimir (ou non), e os nenos e nenas terán que contar os elementos de cada un dos círculos, tentar escribir o número para asociar coa cantidad, ou poñer pegatinas/etiquetas con ese número xa escrito enriba do círculo vacío.





Xa sabedes, se os nenos/as se animan a facer algunha destas cousiñas estaremos atentas ao correo electrónico: 3anochouzo@gmail.com.

Unha aperta forte

Rosa e Leti

Ningún comentario:

Publicar un comentario