Bos días familias,
Como estades?
Na entrada de hoxe deixámosvos 4 experimentos caseiros que podedes probar a facer cos nenos e nenas na casa.
En xeral ningún dos catro necesita materiais moi específicos, para aqueles nos que se necesita colorante alimenticio, podedes tentar realizalo con rotuladores secos, extraendo a tinta e poñéndoa nun vaso con auga para que solte o colorante.
Os experimentos adoitan ser actividades que xeran nos nenos e nenas curiosidade e lévanos a facer razoamentos lóxicos. Antes de iniciar o experimento poden facer unha lista das cousiñas que necesitan. Como a podemos facer? Collendo unha revista ou catálogo de alimentos e recortando os ingredientes do experimento que atopen. Se no catálogo non atopan as cousiñas que lles fan falta poden intentar debuxalas.
Deixámosvos por aquí unha lista que fixemos para o experimento de debuxo máxico (o primeiro vídeo) por se queredes tentar facela con eles/as:
Á beira dos ingredientes poden pegar as palabras que faltan nos ocos, deixámosvos por aquí as dúas que faltan nesta lista:
Para que lles resulte máis doado temos que presentar as dúas palabras silabeando ben as letras, facendo moito fincapé na primeira letra das palabras, posteriormente eles/as teñen que tentar coller a correspondente e pegala á beira do obxecto correcto. Esta actividade podédela facer imprimindo a plantilla ou directamente escribindo nunha folla.
Deixámosvos por aquí os catro experimentos, elexide 1 ou 2 e tentade realizalo con eles/as!
Debuxo máxico
Leite máxica
Capilaridad
Detectives de LETRAS
Se tentades facer algún destes experimentos cos peques mandádenos fotos ou vídeos ao correo electrónico: 3anoschouzo@gmail.com. Moitas grazas polas cousas que xa temos recibido.
Unha aperta moi forte
Rosa e Leti
Ningún comentario:
Publicar un comentario