Bos días a todos e todas,
Que tal estades? Animados/as? Esperamos que si, e que os pequenos e pequenas estean a gozar das saídas e deste fermoso tempo que nos está deixando a primaveira.
Hoxe propoñémosvos que os nenos e nenas convértanse nos chefs das vosas casas, algo que quizais pode ser arriscado, pero a fin de contas, divertido. Para isto, estivemos buscando algunha receita que puidesen facer na casa convosco. O máis divertido para os nenos e nenas de cociñar é poder mancharse as mans, experimentar cos ingredientes, as mesturas, as cores, etc... Estamos seguras de que o pasarán xenial!
A maiores das receitas propoñémoslles que cubran a seguinte plantilla, no caso de non ter impresora poden facelo nunha folla en branco.
Neste caso trátase de que os nenos e nenas debuxen ou recorten dunha revista ou catálogo de alimentos os ingredientes que fan falta para facer unha das receitas. Tamén poden tentar escribir algún nome dalgún ingrediente e por suposto, o seu nome!
Se hai algunha receita que credes que os nenos e nenas teñen máis dominada e coñecen, podedes facer algunha proposta das vosas. Deixámosvos as nosas propostas para que se animen a probar, seguro que quedan boísimas!
Tortiñas de calabacín
Xeado de gallleta
Estamos desexando ver esas receitas e a eses chefs manchando ás mans! Así que xa sabedes, mandádenos fotiños e vídeos ao correo: 3anoschouzo@gmail.com.
Unha aperta forte
Rosa e Leti
Ningún comentario:
Publicar un comentario