luns, 4 de maio de 2020

PIRATAS E ALGO MÁIS. 4 ANOS A

Benvidos de novo a todos nenas, nenos e familias. Espero que pasárades unha fin de semana marabillosa co bo tempo que tivemos, e que puidérades xogar moito nesas horiñas ao aire libre. Para o principio desta semana déixovos dúas propostas para que fagades o que máis vos guste de cada unha delas. 

Supoño que coa chegada dos libros lembarariades as aventuras pirata que vivimos antes de deixar o cole. Para rematar algunhas das cousas que faltaban por facer para ser uns auténticos e auténticas piratas, déixovos algunhas pequenas tarefas. Algunhas delas xa as fixeron os nosos compañeiros de viaxe da clase de 4 anos B. Podedes botar unha ollada ós barcos tan chulos que construíron.


Por aquí tendes a ligazón da táboa para rexistrar o experimento: TÁBOA


Por outra banda, como sabedes, esta fin de semana teríase celebrado unha festa moi especial. Déixovos unha pequena proposta con ideas para que a poidades celebrar dende a casa.





Espero que as desfrutedes, lembrade subir algunha foto ou vídeo ao noso drive.
Unha aperta enorme a todos e todas


Ningún comentario:

Publicar un comentario