Con esta nova entrada quero mesturar as matemáticas coa arte a través de pintores coma Wassili Kandinsky ou Piet Mondrian.
WASSILI KANDINSKY: Deixo un vídeo sobre este pintor para que o coñezades:
As pinturas de Kandinsky usan a cor a cor para mostrar as emocións en lugar de obxectos reais. Literalmente, él vía a música e era o que pintaba. Unha das súas obras é "Cadrados con círculos concéntricos":
Actividade: Observade con atención este cadro fixándovos nas formas xeométricas que aparecen nel, cantas cores empregou o artista... e, con música de fondo, facede a vosa propia versión do cadro empregando círculos e cadrados, como vos queirades, deixándovos inspirar pola música.
PIET MONDRIAN: Deixo outro vídeo para achegarvos a este pintor holandés. Unha pregunta: qué outro pintor coñecedes que sexa de Holanda???
Mondrian pintaba os cadros únicamente con vermello, amarelo e azul, ademais do branco e do negro porque para él son as cores máis importantes, os que nunca se obteñen mesturando e dos que ,cando se abrazan, saen o resto de cores. Ademais de con estas cores pintaba soamente líñas rectas horizaontais e verticais. Unha das súas obras é "Composición A", qué formas xeométricas vedes?:
Actividade: Observa a obra e fai unha versión da mesma con cadrados e rectángulos, como ti queiras, e empregando as cores amarelo, vermello, azul, branco e negro.
Ademais, investiga qué cores se dan das seguintes mesturas, podedes comprobalo mesturando témpera, acuarelas, rotuladores...:
- Vermello- amarelo.
- Amarelo- azul.
- Azul- vermello.
- Vermello- branco.
- Branco- negro.
Cando o investiguedes e vexades as cores de cada mestura coloreade este debuxo con estas cores. Seguro que vos queda unha composición preciosa!!!!:Ademais, investiga qué cores se dan das seguintes mesturas, podedes comprobalo mesturando témpera, acuarelas, rotuladores...:
- Vermello- amarelo.
- Amarelo- azul.
- Azul- vermello.
- Vermello- branco.
- Branco- negro.
Outro artista que empregou as matemáticas para facer algunhas das súas obras foi un pintor norteamericano chamado JASPER JHONS, en obras como as seguintes:
- "Do 0 ao 9":
- "Números en cor":
Actividade: Observade as obras e fixádevos nos números que aparecen nelas. Facede voar a vosa imaxinación e creade o voso propio cadro empregando diferentes números.
Por último, déixovos o seguinte vídeo para que vexades cómo se poden facer diferentes debuxos partindo de diferentes números. Se queredes, experimentade e probade a facelos:
Moi ben artistas!!!! Espero que vos gustaran estes pintores novos. Podedes mandarme as vosas obras de arte por calquera das vías de comunicación que temos!!! Unha aperta e un bico moi grande!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario