luns, 4 de maio de 2020

COREOGRAFÍA PSICOMOTRICIDADE

INVENTAMOS UNHA COREOGRAFÍA??

Hola meus nen@s!! Que tal estades?

Espero que a misión imposible da semana pasada fóravos xenial.

Para esta ocasión propóñovos algo tamén moi animado.

UNHA COREOGRAFÍA!!!

A continuación, envíovos o enlace da canción  que me gustaría que bailasedes, primeiro libremente e despois coa colaboración de papi,mami, os vosos irmáns... practiquedes e aprendades uns pasos para que vos quede un baile rechulo.
Despois podedes gravarvos e mandarme a vosa COREOGRAFÍA a mariaanma2@edu.xunta.es
Farame moita ilusión vervos bailar como tantas veces facemos en psicomotricidade.

Posteriormente e para relaxarnos póñovos unhas fotos con posturas corporais que vos axudarán a practicar o equilibrio e estirar os músculos tanto de forma individual como tamén grupal.

Quérovos moito a todos e todas,

A profe María



Enlace da canción: "Hago chas y aparezco a tu lado" Alex y Cristina


Posicións para estitar e relaxar:





Ningún comentario:

Publicar un comentario