venres, 15 de maio de 2020

GOLFIÑOS E MÁIS. 4 ANOS B.


Piratiñas, como estades hoxe? Como foi a semana de navegación pola ría? Xa vin que aprendestes moi ben a adiviña do golfiño, que era longa e difícil,e tamén como dormen, que comen ou as súas partes do corpo.
Aquí tedes os vosos traballiños.

Hoxe tamén imos poñer unhas fotos que manda o papá de Emilio. Mirade que contento está o voso compañeiro.

E tamén o vídeo de Lucía facendo o experimento das cousas que flotan, lembrádesvos? Pois quedou por ahí escondido pero hoxe sae á luz.

Ademais temos que felicitar a Hugo porque hoxe cumpre 5 anos!

Para rematar déixovos unha canción preciosa para que aprendades e que vos dá unha pista do que imos facer a próxima semana. É unha das miñas favoritas!


A profe Maribel bótavos moitísimo de menos e mándavos miles de bicos.



Ningún comentario:

Publicar un comentario