venres, 8 de maio de 2020

UNHAS RECEITAS MOI DIVERTIDAS!!! 5 ANOS B


      Bos días familias!!!:

     Hoxe deixo unha entrada para que vos convirtades nuns expertos "Masterchefs". Déixovos unhas receitas moi divertidas para que as fagades en familia e pasar un rato entretidos e pasándoo ben todos/as xuntos/as!!!!.




   
        Aquí estás as receitas:

 


      Ademais de facer que os/as peques se divirtan colaborando convvosco á hora de facer as receitas, poden traballar moitos conceptos facéndolle preguntas tipo:

     - Lóxica-matemática:  

      * Cuantificación e cantidades: Botamos moitos lacasitos? Poucos? Cantos trozos de mandarinas hai? De plátanos? Hai máis trozos de plátanos, mandarinas ou kiwis? Ver cantos son 250 gramos, 200 gr., 100 gr... e preguntar, Qué cantidade é máis grande? Máis pequena? Comparalas...

      Formas xeométricas: Qué forma ten a casiña de chocolate? E o tellado? De qué forma fixemos o nosos monstro? As olivas cómo son?.
  
   * Conteo: Cantos trozos hai de kiwis, mandarinas, plátanos? Olivas? Cantas rebanadas de pan? Cantos lacasitos vermellos, laranxas...?

      - Lectoescritura: Os/as nenos/as poden escribir as receitas e facer un libriño con elas e practicar a lectura léndoas despois; inventar receitas propias fomentando así a creatividade; inventar frases con diferente vocabulario visto nas receitas; buscar outras receitas e lelas...

     - Expresión plástica: Poden facer debuxos deles/as cociñando, das diferentes receitas feitas, de cómo se sentiron á hora de cociñar...

    - Expresión oral: Podemos practicar a expresión oral explicándolle a un adulto qué pasos seguimos para facer a receita, se nos gustou, se non, como o pasaron...


      Espero que vos guste experimentar na cociña rapaces/as!!!! Podedes mandarme fotos ou vídeos da vosa experiencia coma "Masterchefs" a través de calquera das vías de comunicación habituais que temos. Un bico moi grande a todos/as!!! E que pasedes unha boa fin de semana!!!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario