xoves, 7 de maio de 2020

QUERIDOS AVÓS... 4 ANOS A

Bos días de novo a todos e a todas. Espero que desfrutarades moitísimo desta semana, e que nas vosas horas de paseo pasasen cousas divertidas e apaixoantes. Hoxe tráiovos un conto moi moi especial, que narra a historia de dous avós preparándose para ir á festa. 


Como vos dicía no vídeo, creo que aproveitando este conto poderiamos facerlle un pequeno agasallo aos nosos avós e avoas, ou mesmo outros membros da familia que seguro que estannos a botar moitísimo de menos. Propóñovos que describades aos vosos avós e avoas, tal e como se fai no conto, e que os plasmedes a través dun debuxo. Poderedes facer un retrato ou debuxalos a eles facendo algo que lles guste moito. 

Despois, coa axuda de mamá e papá podedes engadirlle a eses debuxos algunha mensaxe agarimosa, que seguro que fará que os vosos avós e avoas teñan moitísima forza para levar mellor o pouquiño tempo que  aínda falta para podervos ver. Seguro que a vosa mensaxe os fai moi felices.

Un bico e unha aperta enorme. Desfrutade moito da fin de semana.


Sara

Ningún comentario:

Publicar un comentario