xoves, 14 de maio de 2020

MOITAS FAMILIAS DIFERENTES. 4 ANOS A

Bos días nenos, nenas e familias. Mañá é un día moi importante, celébrase o día da familia, e por este motivo quérovos deixar por aquí a historia dunha familia moi especial. Moitos de vós xa a coñecedes porque a temos contado varias veces na clase. Titúlase Con tango son tres e narra a emotiva historia dunha familia de pingüins.

A historia de Tango e a súa familia é unha historia preciosa, que fai que lembremos o que realmente identifica a unha familia, que é o amor e a axuda que se brindan uns aos outros.

Ademais, por se queredes traballar aínda un pouquiño máis, déixovos unha pequena proposta de actividades baseadas neste conto. 

Espero que as desfrutedes moito, e que pasedes un fantástico día e fin de semana.

Unha aperta enorme para todos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario