xoves, 28 de maio de 2020

A MONTAÑA DE LIBROS MÁIS ALTA DO MUNDO.

Benvidos e benvidas de novo! Tal e como vimos facendo tódolos xoves tócalle o turno aos contos. Hoxe mergullarémonos nunha historia de moita altura. Titúlase A montaña de libros máis alta do mundo, de Rocío Bonilla. Conta as aventuras dun pequeno explorador de historias, que a través dos libros consegue soñar e imaxinar con paraxes extraordinarios. Estou segura de que vos gustará moitísimo.



Ademais, déixovos unhas pequenas actividades, para que rematedes de desfrutar da súa lectura. Na última actividade teredes que pensar no voso conto favorito, aquel que vos fai soñar e viaxar sen saír da vosa propia casa, ou mesmo poderedes crear o voso conto ideal: personaxes, espazos, aventuras...


Pasade unha estupenda fin de semana, desfrutando do bo tempo e xogando moito.

Unha aperta enorme.

Sara

1 comentario:

  1. Este libro temolo na casa e e un dos nodos favoritos!como para non selo se o protagonista e Lucas!

    ResponderEliminar