Bos días de novo a todas e todos. Espero que a fin de semana fose moi divertida e especial. Con este tempo seguro que motivos de vós pasáchedes moito tempo xogando ao aire libre.
Hoxe entramos en xuño, e iso quere decir que xa queda moi pouco para que remate o cole, aínda que este ano o teñamos que facer de unha forma algo distinta. Levades traballando moito todo este tempo, e hoxe déixovos algúns xogos para que poidades xogar en familia. Son uns xogos moi entretidos que ata poderedes levar cando xoguedes fora da casa. Espero que vos gusten moito.
No primeiro deles teredes que facer de detectives: quen é capaz de descifrar todas estas mensaxes? Para farelo teredes que recoñecer o primeiro son dos nomes das imaxes que aparecen. Se unides todas estas primeiras letras resolveredes o enigma.
O segundo xogo é un xogo de cartas de piratas. É un xogo moi sinxelo, que pode facer que pasedes momentos moi divertidos. Se queredes saber as súas regras teredes que ver o seguinte vídeo.
Non é necesario que imprimades tódalas páxinas. Se queredes que as cartas queden co fondo mariño por detrás teredes que imprimila a dobre cara (sen incluír a portada). Se pola contra non vos importa que as cartas sexan brancas por detrás, poderedes imprimir só a parte dianteira (páxinas pares)
Déixovos outro xogo de cartas. Chámase o fantasma e está baseado nun xogo do mesmo nome. Para xogar, precisaremos as cartas que acompañan e uns obxectos que seguro que todos e todas tendes na casa.
Como se xoga? No vídeo aparecen os obxectos orixinais, que nós substituiremos por os das imaxes superiores.
Como veriades na explicación hai unhas cartas que engaden dificultade ao xogo. Na seguinte presentación estas son as da última folla. Podedes comezar xogando sen engadir estas últimas cartas para que así sexa máis sinxelo, e cando coñezan o xogo engadilas.
Unha aperta enorme.
Sara
Ningún comentario:
Publicar un comentario