Hoxe traémosvos unha proposta sinxeliña para ir remantado estas últimas semanas de curso. Trátase de que os nenos e nenas compoñan o seu nome con obxectos que teñan pola casa.
Nos tamén fixemos o noso nome con diferentes cousas:
Xa sabedes que este curso escolar estivo moi centrado no inicio da identificación e escritura do seu nome, a palabra quizáis, máis importante dos seus primeiros anos de vida. Aquela que lles da unha identidade propia. Está é outra forma interesante de traballar a lectoescritura, centrada na manipulación e experimentación.

Esperamos ver os resultados e pronto poder compartilos con todos e todas!
Enviade as fotos ao correo electrónico: 3anoschouzo@gmail.com
Moitos bicos!
Rosa e Leti
Ningún comentario:
Publicar un comentario