venres, 19 de xuño de 2020

ATA O CURSO QUE VÉN

Bos días a todos e todas,

Como xa sabedes hoxe é o último día deste curso escolar, un curso canto menos atípico. Non queriamos deixar pasar a oportunidade de despedirnos, non sen antes, darvos as grazas a vós, por todo o que traballastes cos pequenos e pequenas dende as vosas casas, por todo o esforzo e o agarimo que nos tedes demostrado. Grazas.

Tamén, por suposto, querémoslles dar as grazas aos nosos alumnos/as, por demostrarnos a súa xenerosidade a pesares das circunstancias tan difíciles que estivemos a vivir. Esperamos acompañalos nesta viaxe e que dalgunha maneira sentísennos igual de presentes. 


Queremos desexarlles moitísima sorte aos nenos e nenas que hoxe acaban a súa etapa de Infantil e, comezan para o ano unha etapa igual de fermosa. Se estes 3 anos estiveron cheos de momentos de xogo, socialización e aprendizaxe, os anos que veñen por diante non van ser menos. Estamos seguras de que alcanzaredes con éxito todo aquilo que vos propoñades. 

Este espazo realiza hoxe unha pausa, ata o curso que vén. Queda cargadiño de traballlo, recordos e aprendizaxes duradeiros, cargadiño de unión. Así o quixemos facer, e así nos axudastedes a fácelo. Moitas grazas.

Por último, queriamos lembrarvos cumplir con algúns deberes para este verán:


DEBERES DA MIÑA FAMILIA PARA ESTE VERÁN


  • Dádeme a oportunidade de xogar con outros nenos e nenas. Xogade conmigo o que poidades; deixádeme elexir o xogo.
  • Falade moito conmigo; despois dun xogo ou actividade pedídeme que vos conte o que fixen. Suxerídeme novas formas de facer un mesmo traballo
  • Levádeme de paseo e de excursión para que poida explorar e comprobar como son as cousas. Deixádeme que viva moitas experiencias sensorias, especialmente cando vaiamos ó campo ou á praia.
  • Deixádeme organizar os meus obxectos persoais. Esixídeme que deixe o material ordeado.
  • Dádeme a oportunidade de vestirme sen axuda, de bañarme só, de lava-los dentes...
  • Pedídeme que vos axude nos traballos da casa: poñer a mesa, sacala, limpiar...
  • Dádeme a oportunidade de estar en contacto con textos literarios (contos, libros, revistas) para que a lectura e a escritura sexa algo tan natural como aprender a falar.
  • Lédeme contos, dádeme a posibilidade de interpretar imaxes.
  • Cando vaiamos pola rúa, podemos ler xuntos os carteis das tendas, os nomes das rúas, os anuncios publicitarios...
  • Cando vaiamos de compras amosádeme o nome das cousas que mercades, tamén podemos facer xuntos a lista da compra...



Como recordatorio:

- A partires de hoxe venres día 19, ás 14:00h, teredes dispoñible o boletín de notas do 3º trimestre, para consultar pola aplicación ABALAR.

- Na web do centro tedes toda a información necesaria para solicitar praza no comedor o curso que vén. 


Moitísimas grazas a todos e todas.

FELIZ VERÁN!



As mestras de Infantil

Ningún comentario:

Publicar un comentario