Bos días a todos e todas,
Chega a última semana do curso, momento de despedidas e de recordos.
Estes meses estivestes a participar das nosas propostas, e os pequenos e pequenas recolleronnas con entusiasmo e ledicia. Hoxe tócanos devolvervos todo o que traballaron, e por iso, fixemos un pequeno vídeo para compartir con todos e todas vós as cousiñas que nos fostes enviando.
Querémosvos dar as GRAZAS por seguir tentando que todos estes meses tivesen un sentido para os pequenos e pequenas, dentro de todo o esforzo que isto supón.
Esperamos ter chegado a todos e todas vós, e que vos sentísedes un pouco acompañados/as. Este espazo foi a nosa forma de seguir compartindo e crecendo xuntos/as.
Unha aperta forte
Rosa e Leti
Ningún comentario:
Publicar un comentario