luns, 15 de xuño de 2020

CONTOS. 4 ANOS A

Bos días nenos e nenas, espero que pasarades unha fantástica fin de semana.
Esta semana será a última do curso, e tras todo o que levades traballado, xa é hora de descansar e de desfrutar dalgunhas historias chulísimas. Tráiovos tres contos, cos dous primeiros temos traballado moito na clase, espero que os lembredes.

Un regalo diferente de Marta Azcona e Rosa Osuna




¿Por qué? de Nikolai Popov


Por outro lado, déixovos tamén un conto novo. É un libro moi especial que fala dos fios invisibles que unen as persoas que se queren, aínda que non se poidan ver.

Los hilos invisibles de Montse Torrents e Matilde Portalés


Este ano foi moi especial para todos, pasáronnos tantas cousas divertidas e bonitas xuntos, e desfrutamos tanto da nosa compaña, que formamos os nosos propios fíos, ou máis ben o noso propio nobelo.


Unha aperta e bico enormes. Vémonos na última entrada o venres.

Sara



Ningún comentario:

Publicar un comentario