Bos días a todos e todas,
Na entrada de hoxe imos adicarlle un intre ao noso planeta.
O martes 5 de Xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. Durante este curso aproveitamos para falar cos pequenos e pequenas de que cousiñas podíamos facer para cuidar da nosa contorna.
Como un dos espazos máis maltratados pola nosa forma de vida é o mar, pensamos que utilizando a idea da reciclaxe os nenos e nenas poden realizar algunha manualidade con botellas de plástico, caixas de ovos, etc... Obxectos que moitas veces acaban no fondo mariño. Por aquí deixámosvos algunha idea para que poidan realizar na casa.
Estas ideas parten dunha fermosa canción: "O veleiro verde" de Maria Fumaça.
"Un veleiro verde" - Maria Fumaça
Para construír o noso propio veleiro:
Para realizar animaliños ou xogos con obxectos reciclados:
Encantaríanos ver as súas propostas, así que xa sabedes, mandádenos un correo a: 3anoschouzo@gmail.com.
Desfrutade destes fermosos días!
Unha aperta moi forte
Rosa e Leti
Ningún comentario:
Publicar un comentario