luns, 8 de xuño de 2020

FOTÓGRAFOS POR VIGO. 4 ANOS A

Moi bos días a todos! Xa estamos a piques de rematar este curso e seguro que a maioría de vós xa estades desfrutando moitísimo dos momentos de xogo ao aire libre con papá, mamá e os vosos irmáns. Hoxe propóñovos unha actividade para que sumedes a tódolos vosos paseos e momentos divertidos. Para realizala, precisaremos que os máis maiores leven consigo algún tipo de dispositivo fotográfico: teléfono, cámara de fotos...

A actividade consiste en realizar diferentes fotografías divertidas, que inclúan aos nenos e nenas no entorno da súa cidade. Para elo poderemos xogar coa perspectiva, integrando aos nenos e nenas co fondo real. Déixovos algúns exemplos a continuación.

A proposta busca que sexades moi creativos e pensedes en diferentes composicións divertidas que amosar aos demais compañeiros e compañeiras. Seguro que conseguides facer cousas chulísimas e entre todos e todas logramos construir unha interesante guía de lugares característicos de Vigo. 

Espero a chegada das vosas propostas no noso drive. 

Un bico e unha aperta enormes. Desfrutade moitísimo

Sara

Ningún comentario:

Publicar un comentario